jueves, 23 de febrero de 2012

RAMÓN OTERO PEDRAYO


Uno de los autores clásicos de la literatura gallega. Cada vez que leo con detención alguno de los fragmentos más famosos de sus obras continúo admirándolo, resulta un placer la relectura de sus textos, siempre provocan  asombro, y ahora se me viene al recuerdo la Praza do Obradoiro en Santiago. Siempre, pero ese siempre es siempre... que la cruzo me quedo absorta pensando en el hervidero que sería en la Edad Media, y en como a gentes de aquella época las tenía que maravillar, pues si ahora a mi me asombra (que estoy más acostumbrada a los espacios grandiosos), que sería en aquel momento. Pues lo mismo he sentido hoy al releer a Otero Pedrayo.


      PASADO DEL PAZO                                                                                                                                                                              
            "O dos Doncos era nomeado Pazo da Seara. Un dos millores de aquilas xurisdiós. O corpo da casa ergueito en fina canteiría, obra limpa dos barrocos do  dazasete, sóilo se franqueaba ós camiños pola grande fachada composta da capela barroca, lindamente tallada en pilastras, bandas de roseiras e dinteles retortos, e a muralla almeada do patio, na que se abría o portal, e cara ó nacente por unha chea de fiestras enreixadas, como de mosteiro, dispostas en dúas fiadas, as de enriba bicadas polas longas pólas do souto da outra banda do camiño, sombrizo e temeroso na noite. No patio medraban buxos marelos pola vellez e deitaba a fonte. Polo sul e o poente, o pazo, plantado coma un señor, dominaba a larganza das millores terras do seu patrimonio. Comezaban no xardín, na horta e no pomar e corrían en mainas baixadas de nabeiras, bacelos, lameiros e montós de arboredos, cinguidas en xunto pola grande parede de forras coroadas por capias e cabaletes. Ó agarimo delas envellecían retortas oliveiras. Por riba do pomar descubríase o cume do tellado e a cheminea do outro pazo, máis pequeño que o dos Doncos, de pouca terra arredor, veciño ó lugar da Pedreira, que lle daba o nome."
Os camiños da vida, Ramón Otero Pedrayo



EL PAZO EN LA ACTUALIDAD

3 comentarios:

  1. A pantasma de Empédocles — ¡Ben pouco ser concedías á túa capa! Ela, máis lonxe das fronteiras humás, encobre e abriga o castro onde a Venus-Palas durme ensoando os nove cosmos que teñen de vir diante do caos... máis aló da cinza ardente do Etna. ¡Ten paciencia! ¡Vou mirar si louqueo o outro Apolo do Norde...!
    A pantasma de Nietzsche — ¿E aínda coidabas a túa capa lembrándote a ti? ¡Ela, que acougou o vento, que é a imaxe do devenir e non morre! Nestora cobre o leito onde durmen abrazadiños, como dous nenos, o Ben e o Mal. Voume dar unha volta con Arturo Schopenhauer, ¡o derradeiro e triste traxediante!

    Ramón Otero Pedrayo

    «Aquí estamos, sobre estes altos cumes, veciños do Ceo / onde o Profesor Parga Pondal / como as Walkirias corre e canta. / Mentres, os duros dentes do granito morden, / famentos, os nosos corpos, / deixando só ceibe e viva a alma / que danza e coa cal Bolboreta. / Na lonxanía a soidade do océano, / as nubes viaxeiras, cruzando o ceo. / No noso cerebro o Marxismo aniña, / tecendo o futuro da Humanidade. / Mais en chegando a noite, co canto das estrelas, / ata o Marxismo ten de acougar co solpor».

    un escritor importante de las letras gallegas.

    un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Que sorpresa máis agradable obter como resposta un texto de Otero. Graciñas polos versos descubertos. A paisaxe e a paisanaxe dos pazos perfectamente plasmadas nas súas obras.
    Se algún día che coincidise pasar por Ourense e achegarte á casa museo de Otero, e falar detidamente coas mulleres que a atenden... todo un pracer!!
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Que sorpresa máis agradable obter como resposta un texto de Otero. Graciñas polos versos descubertos. A paisaxe e a paisanaxe dos pazos perfectamente plasmadas nas súas obras.
    Se algún día che coincidise pasar por Ourense e achegarte á casa museo de Otero, e falar detidamente coas mulleres que a atenden... todo un pracer!!
    Saúdos.

    ResponderEliminar