jueves, 29 de marzo de 2012

TASHAKI MIYAKI

PARA SABER MÁIS: http://universalwax.net/2012/03/15/tashaki-miyaki-listenwatch/

miércoles, 14 de marzo de 2012

OLGA NOVO, Cráter e outros poetas

Podedes escoitar á poeta Olga Novo falando do seu novo libro, Cráter.
Unha das mellores poetas galegas na actualidade. A súa poesía nunca deixa indiferente ao lector. Verba contundente, varuda, forte... e, sobre todo, da terra, desa terra e da parte da nosa Terra en perigo de extinción. A Galicia rural.
Xa me tarda lelo.
A partir do minuto 11:30 aproximadamente.


Máis información no enlace http://firgoastoxosoutos.blogspot.com/2012/03/olga-novo-presenta-o-xoves-o-seu-ultimo.html?spref=tw

sábado, 10 de marzo de 2012

Leoš Janáček





Leoš Janáček foi un compositor checo (1854-1928)
Estudou música no conservatorio de Berlín.
Desempeñou o cargo de organista en Brno.
Foi profesor do conservatorio de Praga.
Ao seu período de madurez pertencen as súas mellores obras para piano, obras de cámara, a Misa Glagolítica ou a Sinfonietta.
Tamén recolleu cancións populares eslavas.
Hoxe é considerado un dos grandes renovadores da ópera do século XX.
A SINFONIETTA é unha obra para  grande orquestra, expresiva e festiva. Está adicada ás forzas armadas checoslovacas, e o autor dixo que pretendía expresar "o home contemporáneo libre, a súa beleza espiritual e alegría, a súa forza, coraxe e determinación para loitar pola vitoria".
Esta peza é de grande importancia en 1Q84, a novela do escritor xaponés Haruki Murakami.
A obra foi estreada en Praga o 26 de xuño de 1926.
Tipicamente dura entre vinte e vinte e cinco minutos.


Fonte de información: http://es.wikipedia.org/wiki/Leo%C5%A1_Jan%C3%A1%C4%8Dek

jueves, 8 de marzo de 2012

1Q84, HARUKI MURAKAMI

A radio do taxi estaba sintonizada cun canal de música clásica en FM. A obra, a Sinfonietta de Janácek. Seguramente non é a música máis axeitada para escoitar dentro dun taxi retido no medio dun atasco. O condutor do vehículo tampouco parecía prestar especial atención. O home, de mediana idade, só permanecía fitando para a inmensa fila de coches que sen interrupción se estendía ante el, calado, coma cando un mariñeiro veterano presaxia dende a proa o choque das correntes no océano. Aomame, ben recostada no asento traseiro, estaba a escoitar a música cos ollos lixeiramente pechados.


1Q84, Haruki Murakami




Así comeza a obra de Murakami. Ao ler o comezo busco no Youtube e así podo pórlle banda sonora en directo. 
Promete. Un bo comezo. A protagonista dentro dun taxi e pensando no seu nome, Aomame (guisante) e xogando co seu significado, un toque de humor e de orixinalidade que engancha na lectura.

miércoles, 7 de marzo de 2012

JOSÉ ÁNGEL VALENTE





Cuello

La blanca anatomía de tu cuello.

Subí a la transparencia.
                                    Tallo
de soberana luz,
                           tu cuello.

Podría estar exento,
ser sólo así en la naturaleza,
tallo de una cabeza no existente.

Cuello.
            Tallo de luz.
                                   Exento.
Para inventar de nuevo tu mirada
y tu realidad.

Para soñar de nuevo el mismo sueño.

Mandorla, José Ángel Valente

Que a persoa amada perda a cabeza, para ter que atopala de novo. Que fermoso. Reiniciar constantemente o amor. Co fermosos que son os primeiros momentos, merece a pena soñar de novo o mesmo soño. Volver sentir a sorpresa dunha ollada... esa ollada coa que nos namoraron... que fermoso sería.

domingo, 4 de marzo de 2012

Xornalistas asasinados, outro holocausto



Son moitos os xornalistas que morren tentando informarnos sobre os graves acontecementos que suceden no mundo. Mesmo no intre no que escribo algún estará sendo asasinado por facernos chegar a verdade sobre as guerras, as inxustizas... Grazas a todos eles de corazón, coa gratitude que se sabe escasa por non poder evitar as súas mortes. Recentemente en Sira veñen de morrer unha xornalista americana e un periodista francés, e os que safaron foi por sorte. Ata cando... Ata que a humanidade se autoextermine, por suposto.

jueves, 1 de marzo de 2012

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore

OSCAR FOR BEST ANIMATED SHORT



Nun hotel das aforas, Mr. Morris vive rodeado de verbas amoreadas. Nos libros, nas páxinas que escribe.
Un bo día, o céfiro anóxase e as palabras saltan polos aires. Vaia treboada! Unha hecatombe. O mundo estoupa, mentres el insiste en perseguir un libro.
Mais logo vén a calma. Todo quedou destruído. Follas e follas espalladas polo chan. Un outono de libros.
Ata que chegou a primavera da cometa dunha fermosa rapariga.
E velaí un novo libro, unha nova historia a saudalo.
Camiñando, camiñando, camiñando... chegou ao Babel do bosque.