domingo, 4 de marzo de 2012

Xornalistas asasinados, outro holocausto



Son moitos os xornalistas que morren tentando informarnos sobre os graves acontecementos que suceden no mundo. Mesmo no intre no que escribo algún estará sendo asasinado por facernos chegar a verdade sobre as guerras, as inxustizas... Grazas a todos eles de corazón, coa gratitude que se sabe escasa por non poder evitar as súas mortes. Recentemente en Sira veñen de morrer unha xornalista americana e un periodista francés, e os que safaron foi por sorte. Ata cando... Ata que a humanidade se autoextermine, por suposto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario