jueves, 8 de marzo de 2012

1Q84, HARUKI MURAKAMI

A radio do taxi estaba sintonizada cun canal de música clásica en FM. A obra, a Sinfonietta de Janácek. Seguramente non é a música máis axeitada para escoitar dentro dun taxi retido no medio dun atasco. O condutor do vehículo tampouco parecía prestar especial atención. O home, de mediana idade, só permanecía fitando para a inmensa fila de coches que sen interrupción se estendía ante el, calado, coma cando un mariñeiro veterano presaxia dende a proa o choque das correntes no océano. Aomame, ben recostada no asento traseiro, estaba a escoitar a música cos ollos lixeiramente pechados.


1Q84, Haruki Murakami




Así comeza a obra de Murakami. Ao ler o comezo busco no Youtube e así podo pórlle banda sonora en directo. 
Promete. Un bo comezo. A protagonista dentro dun taxi e pensando no seu nome, Aomame (guisante) e xogando co seu significado, un toque de humor e de orixinalidade que engancha na lectura.

1 comentario: