miércoles, 25 de enero de 2012

SER UN PEIXE GORDO

CO PERMISO DE FLAVIA COMPANY VOU PUBLICAR TRADUCIDO UN DOS SEUS TEXTOS, PARA QUE VEXADES QUE ESTÁN BEN E VOS ANIMEDES A SEGUIR LÉNDOA




         SER UN PEIXE GORDO
        

         O pai e o neno soben á limusina unha asollada mañá de domingo. O pai, tras consultar o reloxo, ordena ao chofer que os leve ao acuario. O neno entretense durante o camiño cun videoxogo mentres o pai dá indicacións por teléfono a algún dos seus empregados, á vez que follea a prensa que atopou pulcramente ordenada xunto ao asento. O automóbil detense. “Espérenos aquí”, di o pai ao chofer. E co único obxectivo de tranquilizarse a si mesmo, engade: “Non tardaremos nada”. Acto seguido baixa e diríxese con solemnidade cara á entrada do recinto. O neno ségueo de cerca, con estudado silencio. Ao redor deles faise un baleiro, a xente déixalles paso.

         Unha vez dentro, coma se en efecto estivesen sós, pai e fillo marchan con fría comodidade por diante de todos os acuarios. Van lentos, pero sen pausa, ata que finalmente o neno se para ante un daqueles acuarios, que lle chamou a atención. Nel hai un peixe enorme, gris, simétrico e sobrio. Diríase, pola súa forma e os seus movementos, que é obeso. Xunto a el hai outro peixe, copia perfecta do primeiro, pero en pequeno. Permanecen pegados ao cristal, coa vista fixa no que se lles pon diante. Lonxe deles, ao fondo, outros peixes, máis pequenos de cores e formas variadas, mestúranse e rózanse ao pasar.

         Os peixes grises están quedos fronte ao pai e ao fillo. “A min non me gustaría ser un peixe gordo”, di o neno, que intúe algo sen saber moi ben que. E o pai, que si sabe pero xa non intúe, contesta: “Cos anos cambiarás de opinión, xa verás”. En canto o neno e o pai seguen camiñando, o grupo que se mantiña afastado achégase a ver. De aí.



Trastornos literarios, Flavia Company, Ed. Páginas de espuma

4 comentarios:

  1. Explícame, este relato trata sobre la tendencia conservadora que se va apoderando de las personas o de nosotros? (jaja) a medida que cumplimos años y vamos madurando?
    puesto que al hijo no le gustaba ver el pez graso y el padre viajaba diariamente en una limusina.

    ya me constestarás...

    ResponderEliminar
  2. Simpática interpretación. A verdade eu non caera na conta desa lectura! Eu, é que con tanta corrupción, xa pensaba nun desdes peixes gordos, rodeados de privilexios, que se volven grises de tanta comodidade. A realidade que nos embrutece! E nos anula a imaxinación! Teño que facer as lecturas con máis imaxinación. Grazas por compartir a túa.

    ResponderEliminar
  3. Gracias por la sugerencia.
    Ultimamente no leo libros, solo blog.

    :))

    ps: lo que ocurre entre una pareja después de un comienzo es argumento suficiente para una novela, que yo no sé escribir... jaja.

    un abrazo

    ResponderEliminar