martes, 17 de enero de 2012

PERSÉPOLE, Ed. Rinoceronte
Son moitos os aspectos que me chamaron a atención desta novela gráfica de Marjane Satrapi.
Vounos ir escribindo dun xeito un tanto anárquico, tal e como os fun anotando a medida que lía o libro.

  • As gardiás da Revolución (pp. 137). Son auténticas! Non obstante, que rabia ter que vivir vixiada por estas mulleres, que se fixaban ata no pelo máis invisible!
  • Como segue a vida a pesar da guerra dentro dunha "normalidade anormal" ou dunha "normal anormalidade"(pp. 142)
  • O medo a se arredar da súa cultura e das súas orixes. (pp. 199)
  • A soidade, tan grande coma un día sen pan. Cando está en Viena, que soíña se atopa!
  • Un dos momentos máis tenros e entrañables da historia penso, máis ben sinto, que é cando dorme coa avoa a véspera de marchar para Austria, ou cando a nai vai visitala a Viena e cociña para ela, cando conversa naquel mundo tan alleo a elas.
  • O racismo. Son varias as situacións racistas que vivimos na historia, mais se hai unha que me impactou especialmente foi aquela na que a nai do que era o seu mozo a botou da casa (pp. 226)


E máis e máis anotacións que irei publicando engordiño.

4 comentarios:

  1. ah! qué bien!
    por fin te puedo leer y ver...

    más tarde te comento.

    un abrazo

    :)

    ResponderEliminar
  2. Hace varios años ví un pequeño vídeo acerca de este comic historieta, biografía de Marjane Satrapi, la propia autora.

    Esta mujer tuvo la fortuna (bajo nuestro punto de vista...), de nacer en el seno de una familia progresista, educada en el estilo occidental, por tanto, ¿somos lo que nos condiciona o nos proporciona la familia donde nacemos?? creo que nosotros elegimos qué hacer con nuestra vida y futuro, pero las oportunidades que ofrece una familia con recursos, posibilidades economicas y estimuladoras forja y da forma a nuestro futuro...

    me gustó esta lectura.

    un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Coincido totalmente co que dis. Chegamos á vida xa vendidos, no billete vén marcado o noso lugar, a nosa dirección. É certo, que unha vez aquí, á sorte tamén lle podemos axudar un pouco. Pero non existe a igualdade de condicións.
    Aínda me quedan algunhas reflexións pendentes con respecto a este libro, co que disfrutei da lectura (ás veces, moitas, sentín rabia, e pensaba "Marjii espabila"), emocioneime, pero coincido con algunhas críticas en que os debuxos podían estar mellor.
    Neste blog vou escribir sobre lecturas, mais o de filispines continúa, pois téñolle moito cariño.
    Unha aperta, e grazasmil!

    ResponderEliminar
  4. Bien... entonces leeré acerca de tus lecturas.

    un abrazo

    :)

    ResponderEliminar