jueves, 23 de febrero de 2012

RAMÓN OTERO PEDRAYO


Uno de los autores clásicos de la literatura gallega. Cada vez que leo con detención alguno de los fragmentos más famosos de sus obras continúo admirándolo, resulta un placer la relectura de sus textos, siempre provocan  asombro, y ahora se me viene al recuerdo la Praza do Obradoiro en Santiago. Siempre, pero ese siempre es siempre... que la cruzo me quedo absorta pensando en el hervidero que sería en la Edad Media, y en como a gentes de aquella época las tenía que maravillar, pues si ahora a mi me asombra (que estoy más acostumbrada a los espacios grandiosos), que sería en aquel momento. Pues lo mismo he sentido hoy al releer a Otero Pedrayo.


      PASADO DEL PAZO                                                                                                                                                                              
            "O dos Doncos era nomeado Pazo da Seara. Un dos millores de aquilas xurisdiós. O corpo da casa ergueito en fina canteiría, obra limpa dos barrocos do  dazasete, sóilo se franqueaba ós camiños pola grande fachada composta da capela barroca, lindamente tallada en pilastras, bandas de roseiras e dinteles retortos, e a muralla almeada do patio, na que se abría o portal, e cara ó nacente por unha chea de fiestras enreixadas, como de mosteiro, dispostas en dúas fiadas, as de enriba bicadas polas longas pólas do souto da outra banda do camiño, sombrizo e temeroso na noite. No patio medraban buxos marelos pola vellez e deitaba a fonte. Polo sul e o poente, o pazo, plantado coma un señor, dominaba a larganza das millores terras do seu patrimonio. Comezaban no xardín, na horta e no pomar e corrían en mainas baixadas de nabeiras, bacelos, lameiros e montós de arboredos, cinguidas en xunto pola grande parede de forras coroadas por capias e cabaletes. Ó agarimo delas envellecían retortas oliveiras. Por riba do pomar descubríase o cume do tellado e a cheminea do outro pazo, máis pequeño que o dos Doncos, de pouca terra arredor, veciño ó lugar da Pedreira, que lle daba o nome."
Os camiños da vida, Ramón Otero Pedrayo



EL PAZO EN LA ACTUALIDAD

lunes, 13 de febrero de 2012

jueves, 9 de febrero de 2012






NOIVADO I


Cegoñas xeográficas no meu noivado noivo.
Un tempo craro como un illó de vidro.
Eu no meio de litorais e avións platino
cidadán de correntes submariñas color morno.
A miña craraboia en brúxula silvestre:
un arbre polo Norde, Oriente feito
de moluscos, Sur de ribeiras líquidas.
Eu de noivado. Nas mans arcos-de-vella,
vidreiras verde-tenre e colgaduras  finas.
Nin unha sombra nin faiados tímidos,
inocentes igoal a negros en domingo
o corazón no peito, risoños como esquíes.
Beilar ágoas lixeiras e sonos desprendidos
das cantigas máis novas. Sumando vals e faros.
Infuxível noivado estelar de cereixas,
amante de cristais. Eu o teño.




Álvaro Cunqueiro, Poemas do si e non.




As cores do amor. A súa tenrura. Identificados cos irisados do vidro, coas cores do arco da vella, coas cores diversas das vidreiras. Os risos dos namorados, as noticias que se esperan do ser amado, do ser sen o cal non pode un vivir. O amor coa mesma alegría có baile, coa danza do vals. Coa cor vermella das cereixas. Así se senten os namorados.


 Noivado I trátase dun fermoso poema no que o poeta reflite os diversos matices do amor xuvenil e mozo, dos noivos do noivado, tal e como aparecen na ilustración que para a portada fixo Luis Seoane. 


Construído o poema a partir dunha continuada xustaposición de imaxes, e xogando con palabras que nos levan ao campo semántico da ledicia (risoños, vals, cantigas, cereixas, vidro, vidreiras...) Un poema cheo de sensacións auditivas, visuais, táctiles (ágoas lixeiras). 


Un  fermoso poema para lle enviar á/ao namorada/o o día 14, por dicir un día.

domingo, 5 de febrero de 2012

A NETA DO SEÑOR LINH, Philippe Claudel, Ed. Rinoceronte


Na  contraportada a reseña que figura é a seguinte:


" Dúas soidades que se xuntan. Un vello, o señor Linh, que abandona o seu país, fuxindo da guerra e levando nos brazos a súa neta, único motivo polo que viaxa cara a unha terra hostil da que descoñece a lingua e os costumes. E un home só, o señor Bark, que vive decote sumido nas súas lembranzas.
O día a día do protagonista mostra unha experiencia de soidade, desarraigo e illamento, unha realidade crúa, pero é tamén un canto á tolerancia, ao respecto e á esperanza a través da amizade."


Un libro cheo de emocións, emocións grandes, marabillosas, que salvan aos dous protagonistas da derrota.


O señor Linh chega refuxiado a un novo país, a unha cidade moi distinta ao seu mundo coñecido... fuxindo da guerra da súa terra, da súa aldea. E foxe pola súa neta, un bebé de poucas semanas. Á que protexe e coida cun afán incrible. Esa nena, Sang Diu, supón para el o motivo de vivir. Por iso saca forzas de onde non as ten. Con canto mimo coida a súa netiña! Canto cariño! Ponse a pel de galiña ao ler e ao imaxinar as escenas do home facéndolle a papilla na súa propia boca, apertándoa e abrigándoa para que non pase frío, lavándolle a camisiña... 


Sae á rúa e ao principio camiña compulsivamente, só quere camiñar, e sempre polo mesmo lugar, dando voltas ao rueiro. Ten medo a perderse. Pouco a pouco vai facéndose co rueiro. Cando se sente canso, senta nun banco fronte a un parque. A xente vai e vén con présa. Dominan a chuvia e a néboa. 


Un bo día senta ao seu carón o señor Bark, que lle fala e fala. O señor Linh non entende o que lle di, pero sente as palabras amables e cálidas. Iso demostra que para a comunicación non existen fronteiras lingüísticas. Non existen as barreiras para comunicárense dúas soidades. 
O señor Bark tamén está só. Enviuvou e agora desafoga falándolle a este home estranxeiro. Ata chega a fumar os cigarros con que o señor Linh o agasalla, a pesar de que teñen sabor a mentol e non lle gusta.


As soidades que se xuntan por efecto do destino na colmea da cidade, da vida, da humanidade. Sempre é posible atopar un ser afín.


Un libro precioso. Un exemplo de como dentro da traxedia e da soidade é posible o oasis da compañía e da boa xente.

                         


Yann Tiersen - Amelie

miércoles, 25 de enero de 2012

SER UN PEIXE GORDO

CO PERMISO DE FLAVIA COMPANY VOU PUBLICAR TRADUCIDO UN DOS SEUS TEXTOS, PARA QUE VEXADES QUE ESTÁN BEN E VOS ANIMEDES A SEGUIR LÉNDOA




         SER UN PEIXE GORDO
        

         O pai e o neno soben á limusina unha asollada mañá de domingo. O pai, tras consultar o reloxo, ordena ao chofer que os leve ao acuario. O neno entretense durante o camiño cun videoxogo mentres o pai dá indicacións por teléfono a algún dos seus empregados, á vez que follea a prensa que atopou pulcramente ordenada xunto ao asento. O automóbil detense. “Espérenos aquí”, di o pai ao chofer. E co único obxectivo de tranquilizarse a si mesmo, engade: “Non tardaremos nada”. Acto seguido baixa e diríxese con solemnidade cara á entrada do recinto. O neno ségueo de cerca, con estudado silencio. Ao redor deles faise un baleiro, a xente déixalles paso.

         Unha vez dentro, coma se en efecto estivesen sós, pai e fillo marchan con fría comodidade por diante de todos os acuarios. Van lentos, pero sen pausa, ata que finalmente o neno se para ante un daqueles acuarios, que lle chamou a atención. Nel hai un peixe enorme, gris, simétrico e sobrio. Diríase, pola súa forma e os seus movementos, que é obeso. Xunto a el hai outro peixe, copia perfecta do primeiro, pero en pequeno. Permanecen pegados ao cristal, coa vista fixa no que se lles pon diante. Lonxe deles, ao fondo, outros peixes, máis pequenos de cores e formas variadas, mestúranse e rózanse ao pasar.

         Os peixes grises están quedos fronte ao pai e ao fillo. “A min non me gustaría ser un peixe gordo”, di o neno, que intúe algo sen saber moi ben que. E o pai, que si sabe pero xa non intúe, contesta: “Cos anos cambiarás de opinión, xa verás”. En canto o neno e o pai seguen camiñando, o grupo que se mantiña afastado achégase a ver. De aí.



Trastornos literarios, Flavia Company, Ed. Páginas de espuma

martes, 24 de enero de 2012

TRASTORNOS LITERARIOS

Trastornos literarios é o título dun curioso libro de Flavia Company.
Constitúeno un conxunto de microrrelatos que xorden a partir de figuras literarias, frases feitas, titulares de prensa.
Curioso pola forma en que crea o seu universo de historias.
Ademais, un manual práctico para tomar ideas no momento de enfrontarse á  folla en branco. Para non partir da nada á hora de escribir.
Historias sorprendentes dentro da sinxeleza, estrañas e reais. Tenras. Con xogos de palabras.
De fácil lectura. Pode abordarse relato a relato. Ou todos dunha sentada. A inquedanza por saber como vai ser a seguinte historia séntese.
Como o seu título indica "trastornos", trastórnase a linguaxe para amosar, en diversas ocasións, a vida trastornada.
Un libro que, por sorpresa, apareceu un día na  mesiña de noite e trastornou felizmente o meu serán.